Distincións de Ouro e Bronce para os queixos de Queinaga na XXVII Cata dos Queixos

O luns 16 de decembro celebrouse a entrega de premios da XXVII Cata dos Queixos de Galicia. En total, foron galardoados un total de 12 queixos en diferentes categorías.

Nesta ocasión os nosos queixos foron recoñecidos co Ouro, na categoría Arzúa-Ulloa D.O.P., e co Bronce na de Tetilla D.O.P.

Parabéns a todalas queixarías premiadas e un agarimoso saúdo para todos e todas os organizadores e participantes. Seguimos traballando de cara á próxima edición !

A conselleira do Medio Rural apoia a promoción dos queixos galegos na feira Fromago de Zamora

Neste evento, considerado a maior cita nacional do sector da elaboración de queixo, María José Gómez visitou o espazo galego, que conta cunha carpa de 150 metros cadrados con aula de cata para 25 persoas e que acollerá ata o domingo 27 catas e degustacións de queixos e outros produtos galegos de calidade.

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, apoiou hoxe coa súa presenza a promoción dos queixos galegos dentro da feira Fromago Cheese Experience, que se celebra ata este domingo en Zamora e que está considerada como a maior cita nacional do sector da elaboración de queixo. Esta é a primeira vez que a Xunta de Galicia participa neste evento cunha aposta tan decidida de promoción de todos os queixos con Denominación de Orixe Protexida (DOP).

Ademais, cómpre destacar que un queixo da DOP San Simón da Costa -Daniberto- foi recoñecido co Premio Especial Cincho 2024, uns galardóns que distinguen os mellores queixos a nivel internacional e que, aproveitando a ocasión, se entregaron no marco da celebración desta feira. Tamén hai outros queixos galegos premiados nas diferentes categorías contempladas.

A maiores de participar na entrega dos citados premios, a titular de Medio Rural visitou o espazo de Galicia en Fromago, unha carpa de 150 metros cadrados situada na Plaza de Castilla y León, que conta cunha aula de cata para unhas 25 persoas e que acolle estes días un amplo programa de actos, organizados pola Axencia Galega da Calidade Alimentaria, adscrita á Consellería do Medio Rural.

Así, están previstas ao longo de toda a feira ata 27 diferentes catas e degustacións de queixos e outros produtos galegos de calidade, así como de Artesanía Alimentaria de Galicia. Os principais protagonistas destas accións promocionais son os queixos galegos amparados por denominacións de orixe protexidas (DOP). É dicir: Queixo Tetilla, Cebreiro, Arzúa-Ulloa e San Simón da Costa.

Deste xeito, están presentes na feira un total de 13 empresas galegas do sector, 9 delas con algún selo de calidade diferenciada. Trátase da Cooperativa Campo Capela, Queixería Airas Moniz, Queixería Daniberto, Queserías del Eume, Queixería Bisqato, Lácteos Lorán, Gandeiría Quintián, Queixos O Rexo e Queixería Queinaga; ás que se lle suman Galmesan, Galmara, Máis que Queixos e Queixería Gaia.

Peso económico dos queixos galegos de calidade diferenciada

Cómpre salientar o importante peso que os queixos teñen dentro das “Experiencias de Calidade” de Galicia. Así, os catro queixos galegos de calidade diferenciada que contan con DOP xeraron no 2023 un valor económico estimado de 52,6 millóns de euros, cun incremento de máis do 8% en relación co exercicio anterior. Arredor de 2.600 gandeiros fornecen de materia prima ás máis de 50 queixerías amparadas, que o ano pasado comercializaron preto de 6,5 millóns de quilos deste produto.

Fonte: Xunta de Galicia

Prata para o Arzúa-Ulloa de Queinaga na XXVI Cata dos Queixos de Galicia

Unh nova distinción para o noso afamdo queixo Arzúa-Ulloa D.O.P.

La imagen tiene un atributo ALT vacío; su nombre de archivo es eup_20231124_142439109.webp

O evento celebrouse o venres en A Quinta da Auga, en Santiago de Compostela. Alí a Consellería de Medio Rural aproveitou para presentala nova campaña de promoción coa que busca dar maior difusión e popularidade ós queixos da nosa terra: “Os Catro Grandes de Galicia”.

Estos “Catro Grandes” son os queixos das catro Denominacións de Orixe da nosa comunidade: Arzúa-Ulloa, Tetilla, Cebreiro e San Simón da Costa.

Queinaga obtén o ouro por partida dobre na XXV Cata dos Queixos de Galicia

Os nosos queixos D.O.P. Arzúa-Ulloa e Tetilla foron escollidos como os mellores nas súas respectivas categorías na XXV Cata dos Queixos

Dende SAT QUEINAGA queremos dar os nosos PARABÉNS a todolos participantes e galardoados nunha nova edición dos Mellores Queixos e Meles de GALICIA e facer unha MENCIÓN ESPECIAL ó noso gran EQUIPO HUMÁN DE TRABALLO por facer dela un feito histórico para a nosa Queixería.

MOITAS GRAZAS A TODOS

La Voz de Galicia faise eco das distincións outorgadas a Queinaga

O noso queixo DOP Arzúa-Ulloa foi finalista nos premios Alimentos de España, no apartado de mellores queixos. Con tal motivo, La Voz de Galicia dedicou unhas liñas á nosa queixería.

Na fotografía que ilustra a noticia podemos ver a Carmen Vázquez Novo, maestra queixeira e propietaria de Queinaga, recibindo o galardón que premia ó noso queixo Arzúa-Ulloa co ouro, de mans do Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo.

Agradecemos ó diario coruñés pola difusión que da os nosos productos. Podes consultar a noticia na web de La Voz de Galicia.

O noso queixo Arzúa-Ulloa D.O.P. álzase co ouro na XX Cata dos Queixos de Galicia

A localidade lucense de Vilalba acolleu este martes a gala de entrega dos galardóns da XX Cata dos Queixos de Galicia e a XVI Cata das Meles de Galicia, organizadas pola Consellería de Medio Rural.

La imagen tiene un atributo ALT vacío; su nombre de archivo es premiados_queixos_meles.jpg

O xurado escolleu como mellor queixo na Denominación de Orixe Arzúa-Ulloa o noso queixo. Na categoría Tetilla obtivemos un fantástico bronce.

Outro ano máis que temos que agradecer á Xunta de Galicia e a Consellería de Medio Rural a organización dun evento tan importante para por en valor os estupendos productos da nosa terra.

Queinaga no diario dixital Campo Galego

O diario dixital agrario dedícanos unha reportaxe na que se refiren os nosos inicios, os nosos produtos e ós mercados os que exportamos na actualidade.

A reportaxe remóntase a os nosos comezos, alá polo ano 1994, cando os gandeiros do SAT A Campa tomamos a decisión de aportar valor engadido a nosa producción, apostando pola elaboración de queixos de alta calidade.

Moito choveo desde entón, e no día de hoxe, Queinaga da emprego a máis de unha decena de personas, Mucho ha llovido desde entonces, y hoy en día, Queinaga da empleo a más de una decena de persoas, con unha producción superior ós 30.000 kilos de queixo mensual. Tamén crecéu o noso mercado, xa que ainda a maior parte das vendas concéntranse en Galicia, hoxe as exportación supoñen arredor do 14% da nosa producción. Xa é posible mercar os nosos produtos en países coma Reino Unido ou Hong Kong.

Podes consultar a reportaxe completa en Campo Galego.