Quen Somos

QUEINAGA é a nosa pequena quesería familiar, creada hai máis de 30 anos no interior de Galicia, concretamente nas fermosas terras da Campa, Curtis. Sempre sentimos a paixón e a determinación de crear e compartir bos produtos. A forma de entender o queixo e a nosa tradición queixeira son o legado que os nosos antepasados foron inculcando xeración tras xeración para conseguir o que é hoxe en día Queinaga.

A Nosa Granxa

En Queinaga controlamos o 100% do proceso de fabricación. Comezando polas nosas vacas, ás que coidamos e consentimos alimentándoas exclusivamente coas nosas propias forraxes, pasando pola recolección e o tratamento do leite, e finalizando coa fabricación e a maduración dos queixos nas nosas instalacións. En todo o proceso de produción aproveitamos os innumerables recursos que ofrece a xenerosa terra galega.

Todo iso permítenos alcanzar os máximos estándares de seguridade alimentaria, sen abandonar os procesos tradicionais de elaboración e coidando ao máximo as características organolépticas da materia prima, o leite de vaca galega.

O resultado do noso tesón é un queixo dun sabor inconfundible e especial, un queixo que nos representa como galegos e co que sentímonos profundamente identificados.