Aviso Legal

O presente aviso legal establece as condicións de uso do sitio web queinaga.es (en adiante web), que S.A.T. Queinaga (en adiante Queinaga), con domicilio social en Lg. A Campa s/n, 15310 Curtis, A Coruña (España), e con enderezo de correo electrónico queinaga@queinaga.es , CIF número V-15.426.497, SAT 871 Sociedade Inscrita no Servizo de Fomento Asociativo.

Queinaga dispón de Número de Rexistro de Comprador 151.110.810, Número de Rexistro de Letra Q 0003909 e Rexistro Sanitario ES 15.027.35/C CE.

O acceso o sitio web atribúe a condición de Usuario e implica a aceptación plena e sen reservas por parte do Usuario, de todas e cada unha das condicións incluidas neste Aviso legal.

Para acceder á información contida no sitio web e usar os servizos ofertados, os menores de idade deben obter previamente permiso dos seus pais, titores ou representantes legais.

Os datos, textos, informacións, gráficos ou vínculos publicados na web, son recopilados con efectos meramente informativos para todas aquelas persoas interesadas nos mesmos sen que, o seu acceso, estableza relación comercial, contractual ou profesional entre os Usuarios e Queinaga. No caso de discrepancia entre a información contida no sitio web e a contida en papel, estarase a esta última. Queinaga resérvase o dereito de modificar os contidos do dominio web sen previo aviso.

Os enlaces e hipertexto que, no seu caso, posibiliten o acceso a través do sitio web a prestacións ou servizos ofertados por terceiros, non pertencen nin se atopan baixo o control de Queinaga, polo que non se fai responsable ni da información contida nos mesmos nin de calesquera efectos que puideran derivarse de dita información.

Queinaga informa o usuario de que o tratamento de todos os datos de carácter personal realízase de conformidade co Regulamento UE 2016/679 de 27 de abril Xeral de Protección de Datos, a Lei Orgánica de Protección de Datos e demáis normativa aplicable (Ver Política de Privacidade).

A finalidade do tratamento é informar os interesados sobre Queinaga, os seus servizos e/ou produtos. No caso de negarse a comunicar os datos podería ser imposible informarlle. Poderá dirixir as súas comunicacións e exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición no enderezo de correo electrónico, ou correo postal arriba indicada.

Os datos proporcionados polo Usuario a través da web e/ou correo electrónico poderán ser utilizados para o envío de publicidade tanto a través de mensaxes sms a móvil, como por correo electrónico.

O Usuario ten terminantemente prohibido introducir calquer tipo de virus no dominio web, así como tentar acceder os datos do mesmo, modificalos, acceder as contas de correo, mensaxes, etc.

Queinaga non garantiza a calidade, exactitude, fiabilidade, corrección ou moralidade dos datos, programas, informacións ou opinións, calquera que sexa a orixe, que circulen pola súa rede ou polas redes as que o Usuario poida acceder a través da web. O Cliente acepta expresamente deixar exenta a Queinaga de calquer responsabilidade relacionada coa web. O Usuario asume baixo a súa exclusiva responsabilidade as consecuencias, danos ou accións que poidan derivarse do acceso a ditos contidos así como da súa reproducción ou difusión.

Queinaga non será responsable das infraccións de calquer Usuario que afecten ós dereitos de outro Usuario da web, ou de terceiros, incluindo os dereitos de copyright, marcas, patentes, información confidencial ou calquer outro dereito de propiedade intelectual o industrial.

Queinaga fará uso das accións civís ou penáis que por lei corresponda, ante calquer utilización indebida do seu dominio web. Os litixios que puideran surxir en relación a este dominio rexiranse únicamente polo dereito español, someténdose os Xulgados e Tribunais competentes na provincia de A Coruña.

Exclusión de responsabilidade

Queinaga non garantiza a inexistencia de interrupcións ou erros no acceso á web ou o seu contido, nin que éste se atope permanentemente actualizado, sen imprecisións ou inexactitudes. En calquer caso, comprometémonos, tan pronto nos sexa posible corrixir os posibles defectos anteriores.

Propiedade intelectual

Os contidos de este sitio web, tanto a súa programación, estructura, organización, presentación e deseño, como os textos, imaxes, sons e arquivos audiovisuais, están protexidos polas leis e tratados internacionais sobre propiedade intelectual, pertencen, ben a Queinaga, ben a terceiras persoas. Quedan reservados tódolos dereitos de reproducción, distribución, comunicación pública e transformación, salvo que se faga un uso privado e non lucrativo dos mesmos.

“Queinaga”, así como os correspondentes logotipos e formas, son algunhas das marcas rexistradas por Queinaga SAT. Autorízase o uso das mesmas sempre en relación cos produtos e actividades de Queinaga e nos termos establecidos na lexislación española, sen que isto implique a concesión de licencia algunha no favor do usuario.

En caso de que o usuario considerara que o uso dos contidos anteriores lesiona os seus dereitos ou supoñen un acto ilícito, rogámoslles se poñan en contacto connosco a través dos medios indicados.