Nesta edición, celebrada entre o 13 e o 15 de novembro en Berna (Suiza), o noso queixo Tetilla Tetilla DOP foi galardoado có bronce, conseguindo, outro ano máis, destacarse entre a magnífica producción queixeira do 2025.
Este galardón internacional, organizado polo Guild of Fine Food, reúne cada ano a máis de 4.000 produtos lácteos de máis de 40 países, sometidos á avaliación rigurosa dun xurado composto por expertos catadores, mestres queixeiros e especialistas do sector.
O Tetilla de Queinaga, elaborado artesanalmente en Galicia con leite pasteurizada de vaca de raza rubia galega, destacou pola súa textura suave e cremosa, o seu equilibrio lácteo e o seu sutil aroma a manteiga fresca, características que respetan fielmente a tradición do queixo con Denominación de Orixe Protexida (DOP) Tetilla. A distinción de bronce non somentes celebra a calidade do produto, senon tamén o compromiso da queixería coa sostenibilidade, o benestar animal e a produción local.
Con esta medalla, o queixo Tetilla de Queinaga afiánzase na élite dos lácteos galardoados nunha das competicións máis esixentes e respetadas do sector queixeiro internacional, reafirmando o prestixio dos queixos galegos no escenario global.


Este recoñecemento é un orgullo para todo o noso equipo e para as familias ganadeiras que nos suministran a leite con tanto agarimo e dedicación. Motívanos para seguir apostando pola excelencia e por levar o auténtico sabor de Galicia a todo o mundo.
Ler noticia relacionada no xornal La Voz de Galicia














