Os World Cheese Awards volven premiar o noso queixo Tetilla DOP

Nesta edición, celebrada entre o 13 e o 15 de novembro en Berna (Suiza), o noso queixo Tetilla Tetilla DOP foi galardoado có bronce, conseguindo, outro ano máis, destacarse entre a magnífica producción queixeira do 2025.

Este galardón internacional, organizado polo Guild of Fine Food, reúne cada ano a máis de 4.000 produtos lácteos de máis de 40 países, sometidos á avaliación rigurosa dun xurado composto por expertos catadores, mestres queixeiros e especialistas do sector.

O Tetilla de Queinaga, elaborado artesanalmente en Galicia con leite pasteurizada de vaca de raza rubia galega, destacou pola súa textura suave e cremosa, o seu equilibrio lácteo e o seu sutil aroma a manteiga fresca, características que respetan fielmente a tradición do queixo con Denominación de Orixe Protexida (DOP) Tetilla. A distinción de bronce non somentes celebra a calidade do produto, senon tamén o compromiso da queixería coa sostenibilidade, o benestar animal e a produción local.

Con esta medalla, o queixo Tetilla de Queinaga afiánzase na élite dos lácteos galardoados nunha das competicións máis esixentes e respetadas do sector queixeiro internacional, reafirmando o prestixio dos queixos galegos no escenario global.

Este recoñecemento é un orgullo para todo o noso equipo e para as familias ganadeiras que nos suministran a leite con tanto agarimo e dedicación. Motívanos para seguir apostando pola excelencia e por levar o auténtico sabor de Galicia a todo o mundo.

Ler noticia relacionada no xornal La Voz de Galicia

Os nosos queixos obteñen os máximos galardóns na XXVIII Cata dos Queixos de Galicia

¡Moitas grazas, Galicia!

Desde Queinaga, queremos expresar a nosa máis sinceira gratitude polos reconñecementos acadados na XXVIII Cata dos Queixos de Galicia, celebrada este martes, 2 de decembro de 2025, en Santiago de Compostela.

Emociónanos compartir que os nosos queixos DOP Tetilla e DOP Arzúa-Ulloa foron distinguidos có ouro nas súas respectivas categorías.

Cada un destes galardóns son o reflexo do esforzo diario do noso equipo, do respecto pola tradición queixeira galega e do compromiso coa calidade, a sostenibilidade e o sabor auténtico. Traballamos con leite de proximidade, técnicas artesanais e unha paixón que se palpa en cada queixo que elaboramos.

Agradecemos profundamente ó xurado pola súa rigurosa valoración, á organización do certame pola súa impecable labor na promoción do patrimonio lácteo galego, e a toda Galicia —produtores, consumidores, institucións e amantes do bo queixo— por seguir por seguir apoiando e celebrando proxectos arraigados na nosa terra.

Estos recoñecementos non son un punto de chegada, senón unha poderosa motivación para seguer nocimientos no son un punto de llegada, sino una poderosa motivación para seguir innovando sen perder de vista as nosas raices.

¡Seguimos camiñando xuntos, con sabor, leite e alma de Galicia!

Con gratitude,
Equipo Queinaga

Ler noticia relacionada no xornal La Voz de Galicia