QUEINAGA
Queixos artesáns con Denominación de Orixe
OS NOSOS QUEIXOS
DOP Tetilla
O Queixo Tetilla é probablemente o máis internacional dos queixos galegos. O seu olor e sabor suave xunto a unha textura cremosa fano ideal para calquera momento, para calquera padal, ademais é dun produto san e equilibrado.
Non podemos esquecer a súa forma cónica, cóncava-convexa que o diferencia de todos os demais, un formato tan característico como positivo para a súa elaboración e maduración. Xa sabes conserva o teu Queixo Tetilla na parte baixa do frigorífico e sácao unha hora antes do seu consumo, para gozalo completamente; só ou acompañado, en toros ou fundido.
DOP Arzúa-Ulloa
O Queixo Arzúa-Ulloa é ideal para ser acompañado con mel ou marmelo se toma ao natural; pero tamén é moi adecuado para a cociña, xa que debido á súa suavidade acompaña ben os sabores sen chegar a enmascaralos. Funde moi ben, polo que se aconsella en pratos ao forno con verduras ou ovos. Bo tamén para fritir. É un queixo que pode chegar mesmo a ser untable por exemplo sobre pans de avea, cereais, millo. Se se toma con viño, é preferible decantarse por tintos con corpo, vigor e bo buqué. A temperatura óptima para o seu consumo é a ambiente entre 15 a 22ºC.
A NOSA GANDARÍA
Frisona, Pardo Alpina e Rubia Galega
Cunha capacidade de produción de 7.000.000 de litros de leite, obtida a partir de leite de vaca das razas Frisona, Pardo Alpina e Rubia Galega, obtéñense 700.000 kg dos mellores Queixos Galegos, que son distribuídos e comercializados en toda España, por empresas especializadas, establecementos de hostalería e grandes cadeas de distribución e alimentación, como Gadisa, Alcampo e Carrefour, entre outras.