Fondos Públicos

Subvención IN421W

Promotor: SAT QUEINAGA Nº 871 XUGA
Axuda pública: 15.670,20 €

SAT QUEINAGA Nº 871 XUGA foi a promotora dunha instalación fotovoltaica para autoconsumo de 40 kW nominais, co obxectivo de acadar unha economía máis limpa e sustentable a través do fomento da xeración distribuída e o autoconsumo enerxético. Coa devandita instalación conséguese unha menor dependencia do mercado eléctrico, así como unha redución das emisións de CO2 á atmosfera, evitando aproximadamente a emisión dunhas 17,8 toneladas anuais, o que supón unha pequena contribución a frear o cambio climático.

Para a execución do proxecto, SAT QUEINAGA Nº 871 XUGA obtivo o apoio do programa de incentivos ligados a autoconsumo (C7:I1), con fontes de enerxía renovable, marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU. Estes fondos foron xestionados polo INEGA e coordinados polo IDAE e o Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, ascendendo o importe de 15.670,20 €

Melloras tecnolóxicas en industria láctea
C-11-PDR-23

Promotor: SAT QUEINAGA Nº 871 XUGA
Orzamento: 524.605,00 €
Axuda pública: (40%) 209.842,00 €

Obxectivo do proxecto: O obxecto da axuda é a adquisición de equipamento para a fabricación das diferentes variedades e modelos de queixo, asó coma a adquisición de maquinaria de limpeza para a pranta de fabricación de queixos.

Resultados agardados: Por unha banda a homologación do equipamento existente na pranta de produción, optimizando os procesos de produción; e por outra, maior eficiencia na dosificación de produtos nas tarefas de limpeza.

Cartel C-11-PDR-23 SAT Queinaga


Ampliación e melloras tecnolóxicas en queixaría
C-37-PDR-22

Promotor: SAT QUEINAGA Nº 871 XUGA
Orzamento: 3.219.718,27 €
Axuda pública: (45%) 1.448.873,22 €

Obxectivo do proxecto: Ampliación da queixaría coa construción dunha nova sala de produción, zonas de almacenamento e melloras dos equipos de produción.

Resultados agardados: Dotación de maior superficie de traballo e almacenamento para poder atendela demanda de produción levando a cabo as tarefas e procesos dunha forma máis eficiente e sostible.

Cartel C-37-PDR-22 SAT Queinaga